Aula Multimedia/Cemit
Desde o ano 2011, o Concello de Celanova conta cunha aula de informática enmarcada dentro do proxecto da Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Rede CeMIT).
A aula conta con 14 computadores de sobremesa equipados con auriculares e lector de DNI electrónico. Ademais, hai unha impresora multifunción de uso público limitado, e un proxector. Tamén dispón dunha rede de conexión sen fíos o que permite que as persoas usuarias traballen cos seus propios computadores tanto dentro, coma nos aledaños da Aula. Esta aula tamén dispón de tecnoloxía que permiten levar a cabo sesións de cine, videoconferencias, sesións de traballo con grabación do evento, ...
Esta aula, especialmente destinada a alfabetizar dixitalmente á poboación, vén ofrecendo desde entón os seguintes servizos:
- Videoconferencias, previamente planificadas e informadas, entre distintos colectivos do Concello con outras entidades que dispoñan da tecnoloxía de videoconferencia. As experiencias levadas a cabo inclúen ás Amas de Casa, colexios públicos da zona, mozos e mozas interesados na composición musical, ...
- Xornadas de cine. A tecnoloxía que nos brinda a aula permite incorporar un ambiente propio dun cine, coa iluminación, a visualización e o son propios dun cine, anque en medidas restrinxidas.
- Emprego da aula para cuestións transversais como a realización de probas e exames, sala de lectura común, realización de traballos manuais que impliquen ás novas tecnoloxías.
Teléfono
Enderezo
As Triguerizas, s/n 32800 - Celanova